REDONDELA NO CAMIÑO 2026



Atrévete co Pasaporte Redondelán
Nesta campaña
convidámoste a formar parte dun reto único: demostrar que es —ou podes chegar a
ser— un auténtico redondelán ou redondelana. Un xogo divertido, participativo e
cheo de identidade local, pensado para que descubras a vila dun xeito
diferente.
Que é o Pasaporte
Redondelán?
É un documento simbólico que recolle 10 retos vinculados á historia, ás tradicións e ao comercio de Redondela. Se completas 8 dos 10, poderás obter a túa credencial oficial como redondelán/redondelana… e entrar no sorteo dun premio único, unha experiencia memorable para gozar de Redondela como nunca antes.
“Un privilexio exclusivo para vivir Redondela” será unha experiencia inolvidable pero non a vamos a desvelar ainda…así que é como ver a caixa do regalo pero non poder abrila.
Quen pode
participar?
Calquera persoa maior de 18 anos:
· sexa ou non de Redondela,
· viva ou non no municipio,
· estea simplemente de visita,
· ou veña polo Camiño.
Se queres coñecer a vila, este pasaporte é para ti. Se xa a coñeces, é a túa oportunidade de demostrar que formas parte da tribo.
Como validar o teu
pasaporte?
Unha vez completados os retos, só tes que rexistralo na web: